Ano Otero Pedrayo. O futuro comezou aquí

En Editorial Galaxia imos vivir un ano moi especial: celebramos o Ano Otero Pedrayo, unha oportunidade para volver ler, pensar e dialogar cunha das figuras centrais da nosa cultura. Ramón Otero Pedrayo foi novelista, ensaísta, xeógrafo, intelectual comprometido e presidente da nosa editorial ata o final da súa vida. A súa obra percorre todos os […]

Galaxia presenta un 2026 ateigado de novidades

Despois dun ano moi especial no que celebramos o 75 aniversario de Editorial Galaxia, o 2026 ábrese prometendo ser moi importante. Este será ano Otero Pedrayo, primeiro presidente de Galaxia. Ao longo desta celebración, todo o seu catálogo renovado estará novamente á disposición do lectorado e publicarase unha edición especial do centenario da Guía de […]

Comezamos o 2026 con Begoña Caamaño como protagonista

En Editorial Galaxia iniciamos con entusiasmo o 2026, un ano que homenaxea a Begoña Caamaño coas Letras Galegas. A súa obra segue a dialogar co presente desde a reescrita dos mitos, cunha mirada crítica, feminista e fondamente literaria. Begoña Caamaño naceu en Vigo, en 1964, e finou en Santiago de Compostela, no 2014; foi xornalista […]

Enrique García Jiménez gaña o III Premio de Ensaio “Camiño de Santiago” con “Apapachoa. El camino de Santiago como experiencia cima”

O Profesor e escritor Enrique García Jiménez gaña o III Premio de ensaio “Camiño de Santiago” coa obra Apapachoa. El camino de Santiago como experiencia cima, convocado pola Academia Xacobea, en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura e a Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, e […]

Roberto Fernández Álvarez gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025 con “A arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega”

A obra A arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega, de Roberto Fernández Álvarez, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega. A xuntanza do xurado realizouse onte, día 29 de decembro […]

Luís Rei Núñez gaña o II Premio de Novela Álvaro Cunqueiro con «Elas dúas»

Luís Rei Núñez foi o gañador do II Premio de Novela Álvaro Cunqueiro coa obra «Elas dúas». O xurado deste premio, que ten carácter bianual, estivo constituído por Ánxela Gracián, Rosalía Morlán, Marta Neira, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, aos que se sumou como secretario con voz e sen voto Alberto García Fernández, concelleiro de […]

Editorial Galaxia deséxavos unhas felices festas

Desde a Editorial Galaxia desexámosvos unhas felices festas e un venturoso 2026. O 2026 será o Ano Otero, unha ocasión para volver mirar a nosa cultura con curiosidade, amor pola terra e pola palabra. Agardamos que este novo ano veña acompañado de tempo para ler, pensar e seguir atopándonos nos libros. Grazas por camiñar connosco […]