“Iceberg”, de Carlos Labraña, Premio O Facho de Teatro Infantil 2025

Categoría: Uncategorized

A nova obra gañadora do galardón aposta por unha aventura no Ártico sobre amizade, supervivencia e regreso ao fogar, con ilustracións de Sara Romero.

A editorial Galaxia publica Iceberg, de Carlos Labraña, texto recoñecido co Premio O Facho de Teatro Infantil 2025. A obra sitúanos no Polo Norte, onde a escaseza de alimento obriga a Osa Nai a afastarse para procurar sustento, deixando a súa cría ao coidado dun humano amigo, Inuk.

A inestabilidade do medio marca o punto de partida da historia: o bloque de xeo no que se atopa o iglú de Inuk é tan fino que acaba por escachar, e Osiño e Inuk comezan unha viaxe á deriva sobre un iceberg. Nese percorrido vivirán diversas aventuras e atoparán personaxes de distinta procedencia, mentres manteñen un único desexo: regresar ao seu fogar.

Dirixida ao público infantil, Iceberg constrúe un relato de acción e descubrimento, acompañado polas ilustracións de Sara Romero que reforzan visualmente o universo xeado no que transcorre a trama.

Comparte nas túas redes sociais ou por email