Premio O Facho de Teatro Infantil 2025
Ilustracións de Sara Romero
No Polo Norte escasea a comida, polo que Osa Nai ten que ir lonxe para atopala, así que deixa a súa cría ao coidado dun humano amigo, Inuk. Pero o bloque de xeo onde está o iglú de Inuk é tan fino que acaba por escachar e navegan á deriva.
No iceberg, Osiño e Inuk vivirán moitas aventuras e coñecerán todo tipo de xentes, mais os dous só soñan con poder regresar.
Serán quen de conseguilo?

Carlos Labraña é un dramaturgo especializado en teatro para nenas e nenos. Neste eido acadou diferentes premios, como o Xeración Nós, o Estornela, o Manuel María e O Facho, con pezas que se len e se representan de maneira habitual nos colexios. Dentro da súa traxectoria, pódense salientar: O valo, sobre o drama dos refuxiados; Moito Morro Corporation Sociedade Ilimitada (Galaxia, 2016), comedia ácida sobre a crise económica (Premio de Teatro na Gala do Libro, 2017), O Apalpador (Galaxia, 2016), sobre o personaxe central do Nadal galego; Estrelecer (Nun mundo onde as rapazas poidan ser libres) (Galaxia, 2019), peza de misterio con reivindicación feminista (Lecturas dramatizadas da SGAE), Contra o reloxo (Galaxia 2021), que fala do tempo e da perda (Premio Martín Sarmiendo, 2023), Estrela… Fugaz? (Galaxia, 2022), sobre a identidade de xénero, e Mambrú volveu da guerra (Premio SGAE 2022), texto para a recuperación da memoria histórica democrática. En 2016 fundou a compañía de teatro Os Furabolos, onde desenvolve tamén as súa facetas como actor e director.
No ano 2022 gañou o Premio O Facho de teatro infantil coa obra Ícaras (Galaxia) publicado en 2024, ano no que tamén publicou A biblioteca galáctica contra a IA fantástica (Galaxia). No ano seguinte, en 2025 gañou o Premio o Facho coa obra Iceberg.