Galaxia publica “Feminismo en cen palabras”, de Luca Chao

A Editorial Galaxia suma un novo título á colección Feminismos coa obra da Doutora en Ciencias Sociais e do Comportamento, Luca Chao, Feminismo en cen palabras; un convite a pensar o mundo que nos rodea e a maneira que temos de nomealo. Estamos diante dunha obra que, dun xeito didáctico e ameno, presenta, en 100 […]
Hoxe celebramos o Centenario de Manuel Murguía

A editorial Galaxia quere sumarse á celebración do centenario da morte de Manuel Murguía, o 1 de febreiro de 1923, neste ano que se lle vai dedicar dende diversas institucións galegas, entre elas a Real Academia Galega, da que foi o seu primeiro presidente ata o seu falecemento. Historiador, poeta, xornalista, crítico, narrador, axitador cultural, Manuel […]
Arantza Portabales recibe o Premio de novela europea

A escritora Arantza Portabales recibiu onte no Casino de Santiago de Compostela o Premio novela europea traducida a outra lingua, na modalidade de lingua galega, polo seu libro Deixe a súa mensaxe despois do sinal, (Editorial Galaxia, 2017). Un prestixioso recoñecemento á traxectoria da autora. Portabales preséntanos a catro mulleres que loitan por saír adiante, contando […]
Xa está aquí “O home que matou a Antía Morgade”, de Arantza Portabales

A partir do 16 de febreiro, todas e todos os amantes da escrita de Arantza Portabales poderán mercar en todas as librarías de Galicia O home que matou a Antía Morgade, o novo caso os inspectores Abad e Barroso. Unha das principais voces da escena ‘noir’ do país, volve a sorprendernos cunha nova entrega, ateigada de […]
Presentación de “Lourenzá”, de Francisco Fernández del Riego, en Lourenzá

O martes 31 de xaneiro, celebrarase, ás 20 h, no Salón de Actos do Concello de Vilanova, a presentación do libro de Francisco Fernández del Riego, Lourenzá. Participarán no acto, Rocío López García, alcaldesa de Lourenzá, Manuel Román Ramos, estudoso da obra de Del Riego e historiador; e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Nesta […]
O luns celebramos o Día da Ilustración

A semana que vén celebraremos, o luns, o Día da Ilustración, un sector que a Editorial Galaxia apoia e pon en valor a través de publicacións ilustradas por profesionais do máis alto nivel. Dende a editorial unímonos á efeméride celebrando tamén o aniversario do nacemento de Castelao, e facémolo dun xeito moi especial, recomendándovos algunhas […]
Presentación de “Días de intemperie”, en Rianxo

O venres 27 de xaneiro, celebrarase, ás 20:30 h, no auditorio do Concello de Rianxo, a presentación de Días de intemperie, de Antón Riveiro Coello. Acompañando o autor, estarán Milagros Torrado, secretaria da A. C. Barbantia, Xesús Laíño, vogal da A. C. Barbantia, Adolfo Muiños, alcalde de Rianxo, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. […]
10 títulos da Editorial Galaxia son finalistas nos Follas Novas

Os prestixiosos Premios Follas Novas do Libro Galego completan a súa primeira fase de selección escollendo 10 títulos da Editorial Galaxia, entre os seus finalistas. Na categoría de Ensaio e investigación, resultarou escollida a obra Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza, de María do Cebreiro Rábade Villar, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio […]