O ano de Don Paco

Francisco Fernández del Riego, don Paco (Vilanova de Lourenzá, 1913- Vigo, 2010), dende os anos 30 desenvolveu un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia. Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros […]
A Editorial Galaxia estreará nova web hoxe

Hoxe, a editorial comezará a semana estreando unha nova páxina web. Esta proposta supón un salto cualitativo na nosa oferta editorial e no xeito de nos comunicar coas lectoras e lectores. Unha web máis intuitiva, rápida e preparada para que todas as persoas interesadas, poidan achegarse á nosa actualidade, dun xeito dinámico e fresco. A […]
Presentación de “Diorama”, en Rianxo

O venres 20 de xaneiro, celebrarase, ás 20:30 h, no Salón de actos do Auditorio de Rianxo, a presentación de Diorama, de José Carou. Acompañando o escritor, estarán Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, o ilustrador Salvador Laíño, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Diorama, de José Carou, é o novo poemario do escritor […]
Faladoiro con Francisco Castro, arredor de “Isto si é un home”, en Vigo

O xoves 19 de xaneiro, celebrarase, ás 19 h, no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, un faladoiro con Francisco Castro, escritor e director xeral de Editorial Galaxia, arredor de Isto si é un home, o reto de facerse homes feministas. O autor, explota en Isto si é un home. Unha mirada masculina contra o […]
Fina Casalderrey será homenaxeada este ano pola AELG na súa terra natal

A autora recibirá o recoñecemento A Escritora na súa Terra. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) acordou o outorgamento a Fina Casalderrey da Homenaxe A Escritora na súa Terraen 2023, que recibirá en Pontevedra no mes de xuño. Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da asociación, e tense constituído […]
Convócase o XXXV Premio de Novela “Manuel García Barros”

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e […]
Un libro para coidar a memoria

Publicado na colección Memoria histórica, Vivir e morrer pola causa, de Carlos Portomeñe, ofrece a oportunidade de coñecer en detalle a biografía de José Gómez Gayoso. O protagonista, foi un loitador político que tivo que vivir nun tempo ateigado de adversidades e definido polos horrores da represión extrema da Ditadura. Lendo a biografía que nos brinda […]
Recomendacións poéticas para comezar o ano

Dende a Editorial Galaxia recomendamos algúns dos poemarios que engrosan a nosa colección Dombate. Unha colleita que aposta por coidar e fomentar a publicación poética galega. Luisa Castro presenta en Un amor antigo, o seu novo comezo como autora, un comezo que nos asoma á vertixe das emocións e as súas contradicións, deixándonos nese limbo de […]