O regreso de Lois Dieguez

Chega estes días ás librarías As voces amadas, a nova proposta literaria de Lois Dieguez tras 12 anos de silencio narrativo. Regresa así, Lois Dieguez a casa, pois foi no ano 1968, na hoxe mítica colección Illa Nova de Galaxia, cando fixo o seu debut coa novela A torre de Babel, aquela iniciática historia con […]
Galaxia publica “Os mestres mortos daquel verán”, de Narciso de Gabriel

A Editorial Galaxia suma un novo título á colección Memoria Histórica con Os mestres mortos daquel verán, de Narciso de Gabriel. Os principais protagonistas deste libro son dez homes e dúas mulleres. Ábrese con María Vázquez Suárez, mestra compostelá destinada en Miño, asasinada polos fascistas nunha praia deste concello o 19 de agosto de 1936, e […]
Grial 236 (outubro-novembro-decembro, 2022). A cultura galega ante os cambios educativos

Grial. Revista Galega de cultura, no seu número 236, vén de sacar á luz un monográfico que, baixo o título de “A cultura galega ante os cambios educativos”, aborda un tema de interese para a nosa cultura e sociedade. No primeiro artigo, Bieito Silva Valdivia avalía a posición do idioma galego no sistema educativo, a […]
María Rei Vilas recibe o Premio Literario San Clemente Rosalía-Abanca

María Rei Vilas recibiu, na tarde de onte, o Premio Literario San Clemente Rosalía-Abanca, na categoría literatura galega, pola súa obra Flores de ferro, Premio García Barros 2020. «Concebina como unha ponte entre xeracións entre a miña avoa e as miñas fillas, e agora péchase o círculo. Nunca pensei que chegara a un público tan […]
Rolda de prensa arredor de “Non deixarei de buscarte. A historia de Quin”, en Santiago de Compostela

O xoves 9 de febreiro, celebrarase, ás 12 h, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, unha rolda de prensa arredor da publicación do libro Non deixarei de buscarte. A historia de Quin, de Alicia Tojeiro Ríos, Esther Rey Oliveira, e Antonio Fernández Amil. Acompañando as autoras, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral […]
Mañá abrirase a matrícula para a IV edición da Escola de Letras

Hoxe presentouse, na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo, a IV edición da Escola de Letras. Participaron, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, Victoria Alonso Méndez, deputada de Cultura e Igualdade, Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia e da Escola de Letras, e os docentes Antonio García Teijeiro e Esther […]
Mañá presentamos a IV edición da Escola de Letras, en Vigo

Mañá, martes 7 de febreiro, celebrarase, ás 11:30 h, na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo, a presentación da IV edición da Escola de Letras. Participarán a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, Victoria Alonso Méndez, deputada de Cultura e Igualdade, Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia e da Escola de […]
A Editorial Galaxia publicará en setembro un novo libro de Domingo Villar

“SÍBARIS” verá a luz o 20 de setembro deste ano. A Editorial Galaxia publicará o 20 de setembro o libro inédito de Domingo Villar (Vigo, 1971-2022), “Síbaris”, unha obra de teatro que o autor vigués deixou rematada por completo e que entregou á Editorial Galaxia para a súa publicación. Trátase dunha peza dramática protagonizada por […]