Propoñen a Fina Casalderrey ao Premio Hans Christian Andersen

A escritora Fina Casalderrey é, dende hai anos, unha das grandes referencias da literatura infantil nacional. Pola súa traxectoria, foi proposta para gañar o Premio Hans Christian Andersen, o máis alto recoñecemento internacional que se concede a unha autora viva, tamén coñecido como o “Nobel da Literatura Infantil”, que concede IBBY dende o ano 1956, […]
Editorial Galaxia celebra o 50 aniversario de Fuxan os ventos cun libro de Mero Iglesias

Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío, de Mero Iglesias, é o libro encargado de festexar 50 anos de música e cultura, un verso en homenaxe e lembranza de amizades cantoras. Iglesias quixo reflectir as súas memorias, dos 50 anos de Fuxan os Ventos e da música daqueles anos importantes da recente historia […]
Presentación de “Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina. (1805 – 1872)”, en Santiago de Compostela

O mércores 22 de febreiro, celebrarase, ás 19 h, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, a presentación de Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805 – 1872), de Xosé Ramón Veiga. Acompañando o autor, estarán Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. […]
Convócase o VI Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño

“Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario. […]
Galaxia trae ao galego “Cabalgaremos toda a noite”, de Carlota Gurt

A Editorial Galaxia publica, na colección Costa Oeste, o libro merecente do Premio Mercè Rodoreda 2019, Cabalgaremos toda a noite, de Carlota Gurt. Traducido ao galego por Eduard Velasco. A autora, debuta na literatura con este talentoso libro que nos achega á liberdade, un abismo de desexos e medos ao que nos asomamos transitando por unha corda […]
“Son unha nena” engrosa a colección Feminismos de Editorial Galaxia

Publicado na colección Feminismos de Editorial Galaxia, coa colaboración da Universidade de Vigo, Son unha nena. Sufrirerei discriminacións e violencia sexual?, coordinado por Yolanda Rodríguez Castro e María Lameiras Fernández, formula unha análise das diferentes formas de expresión da violencia sexual, encadrando estas experiencias ao longo da vida das mulleres, xa que en numerosas ocasións […]
Mañá chega a todas as librarías “O home que matou a Antía Morgade”, de Arantza Portabales

A partir do 16 de febreiro, todas e todos os amantes da escrita de Arantza Portabales poderán mercar en todas as librarías de Galicia O home que matou a Antía Morgade, o novo caso os inspectores Abad e Barroso. Para inaugurar esta nova entrega, Portabales presentará o libro, o xoves 16 de febreiro, ás 19:30 h, […]
Rolda de prensa arredor de “José Gil. Pontevedra provincia de cine, na orixe do cinema”, en Vigo

O martes 14 de febreiro, celebrarase, ás 12:30 h, no MARCO de Vigo, un acto que leva por título “José Gil. Pontevedra provincia de cine, na orixe do cinema”. Intervirán, Manolo González, autor de “Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil”; Abel Caballero, alcalde de Vigo; Carmela Silva, presidenta da Deputación de […]