Memorias dun ninguén

"Non é doado traducir o título do galego", explicou o autor. "Un ninguén non é exactamente un Don Nadie, que diríamos en castelán. Un ninguén é unha persoa moi consciente da súa continxencia, da súa relatividade diante do mundo, tamén da súa capacidade para situarse no concerto da condición humana". Xosé Manuel Beiras e Dolores […]

Premios para Alberto Lema e Eva Almazán

O pasado sábado, no Liceo de Ourense, celebrouse a gala anual da Asociación Galega de Editores. Entre os galardoados, dous libros da nosa editorial. Por unha banda, Alberto Lema, que xa hai un ano sorprendera co seu 'Unha puta percorre Europa' alzábase co Premio Ánxel Casal ao Libro de Ficción por 'Sidecar'. Con este galardón, […]

A última gran novidade do ano

Chega ás librerías galegas Invisible, a nova novela de Paul Auster, que desta volta introduce ao seu protagonista, un estudante universitario con vocación de poeta, nun perverso triángulo amoroso que o vai involucrar nun acto violento que alterará o curso da súa vida. A nova novela de Auster, publicada en inglés hai apenas un par […]

Palabras de Alfonso Zulueta de Haz para Cabanillas

"Sempre é necesario, coido que imprescindible, lembrar as figuras que loitaron pola permanencia e salvación da nosa cultura, mais é especialmente oportuno salientar, por mor dos cincoenta anos do seu falecemento, a Ramón Cabanillas, un dos nosos grandes poetas, nunha terra afortunadamente pródiga nesta expresión literaria. En tempos onde a identidade de Galicia, a súa […]

Regalar libros porque si

Sexa porque chega o Apalpador, ou Papá Noel, ou os Reis Magos, ou sexa porque si, porque é Nadal, ou porque se celebra o Solsticio de Inverno, ou porque si, ou sexa porque son datas para o consumo desaforado ou porque si, estes días non deben faltar nas listas dos regalos, os libros. Porque si. […]

No Día da Muller Traballadora

Como cada oito de marzo, celebramos hoxe o Día Internacional da Muller Traballadora. E como cada oito de marzo, lembramos que o camiño aínda é moi longo, e que as mulleres e os homes debemos facelo xuntos. Teremos que loitar por chegarmos a unha realidade na que a igualdade non sexa un obxectivo, senón unha […]

O abrigo

Dúas pícaras diríxense á escola. Cruzan o barrio de dez casas onde viven. Xusto ao final da pista, do territorio das bicis, do brilé, das carreiras, hai un almacén de caixas e botellas que delimita. A partir de alí, a pista torna en estrada, os coches van máis rápido, non hai acubillo. Comeza a vila. […]

Pagou a pena

En decembro do 2009, os da Compañía Matapiollos Teatro rematamos unha xira cunha obriña de teatro titulada a Rebelión do Monicreque. Con Marta Rivas viaxei, montei, desmontei e actuei. Chegou o momento de descansar e de facer balance e, para min, houbo un día que non vou esquecer. Nunha das primeiras funcións, logo de montar […]