Ánxeles Abelleira

Os gregos chamaban pedagogo á persoa que acompañaba os nenos á escola, á persoa que os conducía ata o lugar onde tiñan que adquirir os coñecementos; polo tanto, educar é algo así como ‘facer camiño con’. Antía Cal, moi acertadamente, deu en titular a recolleita dalgunhas das súas vivencias como Este camiño que fixemos xuntos, […]
Ana Carreira

Cando lin por primeira vez A noite dos animais, Agustín Fernández Paz levoume pola man á infancia. Lembroume a non premeditada decisión infantil de soñar. Do mesmo xeito que Raquel, a protagonista do libro, debuxa toda unha fauna de desexos nun libro máxico, eu miraba nubes que materializaban viaxes ou pechaba os ollos e a […]
María do Cebreiro

Agradézolle inmensamente a Manuel Outeiriño que escriba neste lugar e neste tempo. Vexo ese feito como un don inmerecido, como todas as cousas que non agardamos e nos melloran. Pois na verdade non somos merecentes das palabras felices, habendo tanta perda, e aí están. Depósito de espantos, Letras vencidas e este É erguen o dedo […]
Xabier Cordal

O título é longo. Comece parando nas palabras: derradeiras, conversas, capitán, Capitán Kraft. O título corta, é oclusivo, velar, xordo. O título di a verdade. A aposta pola ausencia de suavidade, a expulsión do lirismo tal e como este se estendera durante a fase balneario dunha poesía que xa rematou, a tensión exacta e vehemente […]
Gustavo Adolfo Garrido

Para ILSa – escribe Inma no limiar – Nova York son fresas en novembro. Son tamén un xelado de mandarina, – añado eu- lambetado de vagar ao borde dun peirao, nun solpor de verán, ou as luvas pegadas a un café negro ardente no Nadal. Nova York é moitas cousas, como Inma experimentou e tan […]
Miguel Anxo Fernández

A vida interior de Martin Frost Moi boa noticia da achega ao lector galego do guión do novo filme de Paul Auster, a súa primeira experiencia cinematográfica europea desde Portugal, sobre todo tratándose do autor de Smoke e Lulú on the Brigde, dous dos filmes indie máis interesantes do cine norteamericano. Igualmente boa nova é […]
José María Paz Gago

María das Batallas é a gran novela histórica da Coruña. Sobre a cidade galega existen excelentes novelas, escritas en español, como La Tribuna, de Emilia Pardo Bazán, ou La Cruz de San Andrés, do noso Premio Nobel Camilo José Cela, mais este libro de Alfredo Conde constitúe un espléndido e extraordinario relato en galego arredor […]
Ramón Caride

Tras a publicación da súa poesía completa en Xerais, Darío Xohán Cabana, como todos os grandes poetas demostra que a última palabra está sempre por dicir, e que a útima palabra é a mellor dita. E faino coa entrega do seu libro máis íntimo e conmovedor, máis sentido e máis seu, feito dende a soidade […]