Francisco Castro

¡QUE ENVEXA! Había moito, en verdade moitísimo tempo que non gozaba tanto coa lectura dun libro como con esta revolución de Alfonso Álvarez Cáccamo. E como autor, o único que me queda é proclamar a miña envexa (agora quedará moi ben dicir iso de "san") diante da capacidade fabuladora do autor, que foi quen de […]
María Barallobre

‘Tamanha laka safar saaid’ Foi certamente unha grata sorpresa descubrir cada un dos tesouros que conforman A choiva do mundo. Ir collida da man de Pacho Blanco polo "sentido do mundo sen sentido" e degustar "historias persoais que se erguen cara ao ceo e se espallan cunha forza que lles confire vida propia" na compaña […]
Juan José Moralejo

A lamprea, Cultura Galega aínda viva ¡e que dure! e tamén veterana, como podedes ver na excelente noticia que Miguel nos dá de cómo nos moi centenarios latíns de catedrais e mosteiros estan bispos e condes, frades e reis, en acordos, desacordos e trasacordos por salmóns, sábalos e lampreas, por redes e por pescos, desde […]
Encarna Otero

Memoria de cidades sen luz: o pracer da lectura Nesta nova novela de Inma López Silva, a autora conquire namorar ás persoas que descubran nas súas páxinas o mundo desas cidades nas que acontece a vida dos personaxes que as percorren; Santiago de Compostela, A Coruña, Barcelona, París, Nova Iork e Bos Aires alumean nos […]
Laura Caveiro

POESÍA SOBRE POESÍA Por que ler As flores do mal? Polo ruxe ruxe de escándalo que sempre acompañou aos poemas. Porque esas flores enfermizas, esas flores tronchadas, xeradoras dunha longa descendencia de poetas malditos, seguen a gardar, dous séculos depois, o arrecendo, mellor sería dicir o "bouquet", dun estremecemento. O estremecemento da modernidade, como o […]
Consuelo Vercher

Gocei coa lectura d´A elegancia do ourizo na súa versión orixinal francesa e penso volver a lelo en galego, por suposto. É un pracer ler un libro intelixente, hilarante ás veces, e tamén tenro, se somos quen de ir máis aló das puas do singular animal. Atopámonos perante un trío magnífico: intelixencia, cultura e refinamento, […]
Miguel Anxo Fernández

A vida interior de Martin Frost Moi boa noticia da achega ao lector galego do guión do novo filme de Paul Auster, a súa primeira experiencia cinematográfica europea desde Portugal, sobre todo tratándose do autor de Smoke e Lulú on the Brigde, dous dos filmes indie máis interesantes do cine norteamericano. Igualmente boa nova é […]
José María Paz Gago

María das Batallas é a gran novela histórica da Coruña. Sobre a cidade galega existen excelentes novelas, escritas en español, como La Tribuna, de Emilia Pardo Bazán, ou La Cruz de San Andrés, do noso Premio Nobel Camilo José Cela, mais este libro de Alfredo Conde constitúe un espléndido e extraordinario relato en galego arredor […]