Escoller onde buscar

Miguel Anxo Fernández

Categoría: Recensión

A vida interior de Martin Frost

Moi boa noticia da achega ao lector galego do guión do novo filme de Paul Auster, a súa primeira experiencia cinematográfica europea desde Portugal, sobre todo tratándose do autor de Smoke e Lulú on the Brigde, dous dos filmes indie máis interesantes do cine norteamericano. Igualmente boa nova é a propia edición, que ademais de recoller o guión na dobre variante literaria e técnica, o que ao tempo indica a singularidade do estilo cinematográfico de Auster, inclúe un par de debuxos para unha secuencia. O libro complétase cunha interesante entrevista co autor por parte da novelista, ensaísta e xornalista Céline Gurol, entrevista na que Auster desvela moitas das claves tanto da trama no referido sobre todo ás personaxes (Auster trabállaos moito e traballa aínda máis as súas relacións), e propón unha reflexión sobre o cine, a literatura e a vida.

Comparte nas túas redes sociais ou por email