Tras a publicación da súa poesía completa en Xerais, Darío Xohán Cabana, como todos os grandes poetas demostra que a última palabra está sempre por dicir, e que a útima palabra é a mellor dita. E faino coa entrega do seu libro máis íntimo e conmovedor, máis sentido e máis seu, feito dende a soidade e o silencio. Poucos poemas ten estremecedores e abraiantes, como a Biografía, terceiro poema do libro, teño lido na vida; poucos tan intensos e necesarios neste país arboricida como Carballo, e os outros non desmerecen, malia que algúns remitan máis á memoria persoal que a colectiva.
Só a memoria compartida nos fai humanos.
O destino de un home é a súa aldea, cita Darío Xohán Cabana a Eliot no libro, e coincidimos, pero a aldea é o mundo, e o mundo é unha aldea. Sen prexuízos, co corazón aberto, coa inmensa sabiduría léxica do galego do común, o autor escribe dende a intensidade.