Un enlace brusco e gustoso
O poeta participou tamén en 'Cociñando ao pé da letra'. Atreveuse cun bonito de perfecto gourmet que vos deixamos aquí. BONITO AO FORNO CON CAPONATA bonito ao forno (para 6 persoas) 2 quilos de bonito 1 quilo de patacas allo machucado pirixel viño branco (a discreción) xamón (a discreción) chourizo (a discreción) aceite 2 cebolas […]
Miguel Barros analiza a Piñeiro

Na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela tivo lugar a presentación do libro de Miguel Barros 'Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo'. O acto contou coa participación, canda o autor, de Víctor F. Freixanes, Ramón Villares, Justo Beramendi e Ramón Máiz, que foi o director da tese de doutoramento da que […]
Miguel Barros presentou o seu libro sobre Ramón Piñeiro en Vigo

Miguel Barros presentou onte o seu esperado libro (en dous volumes) RAMÓN PIÑEIRO E A REVISIÓN DO NACIONALISMO. Estivo acompañado neste acto por Víctor F. Freixanes, Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Franco Grande e Xosé Ramón Quintana. A obra de Barros revélase como un texto esencial para entendermos en todas as súas dimensións unha das […]
Dez anos sen Uxío Novoneyra

Hai hoxe dez anos morría en Compostela o poeta Uxío Novoneyra, a quen se adica o ano vindeiro o Día das Letras Galegas. Mestre dunha xeración enteira de poetas, a súa voz segue a ser aínda hoxe un referente esencial para entender a nosa lírica e o noso propio concepto de país. Dende a serra […]
Galaxia publica unha nova novela de Pamuk

A Editorial Galaxia, dentro da súa política de aposta decidida pola tradución dos clásicos contemporáneos, publica a nova novela de Orhan Pamuk, 'Neve'. Publicada orixinariamente en turco no ano 2002, 'Neve' está considerada unha das obras mestras de Orhan Pamuk pola súa concepción narrativa, na que a intriga se combina axeitadamente coa poesía. A historia […]
200 anos de Poe e literatura

No ano no que conmemoramos os 200 anos do grandísimo autor de Baltimore, a nosa editorial publica, en dous volumes, os seus 'Contos Completos' en tradución de Eva Almazán á espera do ano que vén no que, un terceiro volume, deixará completado na nosa lingua esta inxente labor literaria e editorial. Un dato a salientar […]
O libro electrónico: presente e futuro

A Asociación Galega de Editores, organiza o VI Simposio: 'o libro electrónico, presente e futuro', que centrará a reflexión e o debate arredor do libro electrónico. O presente e o futuro do novo formato, que inicia un cambio de paradigma no mundo do libro, serán abordados por diversos expertos e profesionais do sector do libro […]
30 anos sen Blanco Amor

Organizada polo Pen Clube de Galicia e a Deputación de Ourense, a xornada de homenaxe comezará ás 12.00 horas coa tradicional ofrenda floral no cemiterio de San Francisco. Nesta ocasión esta homenaxe é especialmente significativa xa que se pode considerar a culminación do "Ano Blanco Amor", que sinala o 30 cabodano do seu pasamento e […]