O libro electrónico: presente e futuro

Categoría: Nova

A Asociación Galega de Editores, organiza o VI Simposio: 'o libro electrónico, presente e futuro', que centrará a reflexión e o debate arredor do libro electrónico. O presente e o futuro do novo formato, que inicia un cambio de paradigma no mundo do libro, serán abordados por diversos expertos e profesionais do sector do libro e as novas tecnoloxías durante os días 12 e 13 de novembro. As sesións de traballo, ás que está previsto que asistan preto de 200 persoas, terán lugar no auditorio das instalacións do Consello da Cultura Galega, no Pazo de Raxoi.
No programa do Simposio, que podes descargar dende a ligazón da dereita, reflexionarase en profundidade arredor de todos os asuntos relacionados co libro electrónico, dende a súa comercialización á xeración e distribución de contidos, pasando, por suposto, polo tema da edición.
Serán catro días de xornadas para achegar o sector editorial galego a un futuro que xa non é futuro senón que é presente inmediato e concreto.

Comparte nas túas redes sociais ou por email