Xa está nas librerías LUME DE COBIZA

Con este novo caso, as aventuras do investigador consolídanse como unha das series policiais galegas máis populares. A serie de Soutelo comezou no 2002 con Un nicho para Marilyn e continuou con Luar no inferno e Tres disparos e dous friames. O detective Frank Soutelo deixa Los Ángeles para resolver o seu primeiro caso en […]

A voz das autoras soou en Compostela

O pasado venres presentáronse no marco da Feira do Libro de Santiago os libros de Paula Señarís, 'Águeda e o misterio dos calcetíns' e o de Mercedes Queixas Zas, 'Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de María do Carme Kruckenberg', coa presenza da poeta biografada. Ambos os actos foron presentados polo editor Francisco Castro. No acto […]

Ushuaia

Para o libro 'Cociñando ao pé da letra' a escritora Rosa Aneiros preparou unha centola galega. Deixámosvos aquí a receita Ushuaia Centola galega (que non "fueguina") INGREDIENTES Centola galega en comida (de decembro a xullo) Auga abundante Unha presada de sal. Requírese a presa de Neptuno para saber o sabor exacto do salseiro. Para quen […]

Topografía do terror

No recinto de exposición, unha morea de turistas de diferentes nacionalidades amoreámonos diante de cada cartel lendo avidamente a información escrita en alemán e inglés. A xente lía con rostro serio, comentaba os contidos, bufaba, abaneaba a cabeza. E non era para menos. A exposición do recinto escavado xunto aos restos do muro, onde antano […]

Montse Pena Presas

Case todos tivemos, cando eramos nenos, unha boneca moi especial, da que aínda lembramos o seu nome. E moitas nos preguntamos, tamén cando eramos cativas, qué pasaría cando a nosa boneca medrase. Algo semellante lle ocorre a Elsi, a protagonista desta historia, cando perde a Bríxida, para ela máis ca un xoguete, unha compañeira de […]

Prende a luz

Nestes tempos nos que parece que todas as luces da industria cultural galega apagan de vez ou padecen constantes avarías nos fusibles, é hora de reinvidicar o labor colectivo na protección, construción e difusión das letras, música, teatro, cinema e prensa. Ninguén vai facer o traballo por nós. Os traballadores da cultura foron exemplares na […]

Eu non quero perder o tren

Esta noite unha cantiga de berce anunciaba o meu sono, era o cantar do tren en Ingelheim am Rhein, un tren que te pode levar pola beira do río ás beiras doutros ríos, que te conecta cun aeroporto que é unha cidade, desde a que chegas ao mundo, un tren que te leva a outros […]

A fouce malvada

Cando eu era cativo, lembro que no edificio onde eu vivía, había unha pequena plaquiña de metal cun xugo e unhas frechas. Nunca souben que significaban, pero sempre me chamou a atención desque a miña vista a descubriu. Sempre pensei que a penduraran alí meus pais. Se cadra, como homenaxe ao pasado labrego deles. Antes […]