Finou Xan Balboa

Durante a mañá do venres tivemos coñecemento da triste nova do pasamento do ilustrador Xan Balboa. O seu nome pasará á historia como un dos grandes da ilustración galega e, por suposto, totalmente pegado ao Lamote, ese personaxe inesquencible creado por Paco Martín. Para milleiros e milleiros de lectores e de lectoras, é imposible imaxinar […]
30 anos sen Blanco Amor

Organizada polo Pen Clube de Galicia e a Deputación de Ourense, a xornada de homenaxe comezará ás 12.00 horas coa tradicional ofrenda floral no cemiterio de San Francisco. Nesta ocasión esta homenaxe é especialmente significativa xa que se pode considerar a culminación do "Ano Blanco Amor", que sinala o 30 cabodano do seu pasamento e […]
'A esmorga' sairá en inglés

Onte, coincidindo coa homenaxe que se lle realizou a Eduardo Blanco Amor en Ourense co gallo dos 30 anos do seu pasamento, organizado polo PEN Clube de Galicia, o director literario da nosa editorial, Carlos Lema, anunciou que proximamente sairá publicada 'A esmorga' en inglés en tradución de Craig Patterson, profesor na Univesidade de Cardiff […]
As primeiras follas do 2010

Este 2010 vai ser un ano prolífico en follas literarias de alta calidade. Para este ano que agora estreamos, a nosa editorial presenta interesantes novidades tanto nos eidos da literatura infantil e xuvenil como no ensaio ou a literatura de ficción para adultos. Así, a nosa editorial publicará en breve a obra de Carlos G. […]
'A praia dos afogados' cada vez máis internacional

A novela de Domingo Villar, publicada por Galaxia o ano pasado, leva o mesmo camiño de éxito internacional que a súa predecesora 'Ollos e auga', ambas as dúas protagonizadas polo inspector Leo Caldas e que transcorren en Vigo ou a súa bisbarra. Este camiño de éxito internacional para esta segunda novela do escritor vigués non […]
Olga e o dinosauro

Breogán Riveiro é un dos grandes autores da literatura infantil e xuvenil dende a publicación do seu 'Tonecho de Rebordechao' que tantos miles de pequechos e pequechas galegos teñen lido dende que saíra hai xa uns cantos anos. As cinco edicións que levamos tirado do prelo desta obra así o demostran. Dende esta semana, podemos […]
Acusación

Unha das primeiras novidades do ano no que á poesía se refire é 'Acusación', novo poemario de Xiana Arias Rego, á que todos coñecemos ben polo seu magnífico labor como xornalista no Diario Cultural da Radio Galega, e, dende hai moito, como poeta. En 'Acusación', Xiana Arias Rego explora os camiños da poesía como acusación. […]
Os mellores de 2009

Esta semana a web 'Fervenzas Literarias', un dos lugares de referencia no que á literatura galega se refire, fixo públicos os resultados das votacións dos seus lectores e lectoras á pregunta de cales foran os mellores libros do ano pasado. A nosa editorial recibe galardóns en varias categorías, e tres primeiros premios. Por unha banda, […]