As primeiras follas do 2010

Categoría: Nova

Este 2010 vai ser un ano prolífico en follas literarias de alta calidade. Para este ano que agora estreamos, a nosa editorial presenta interesantes novidades tanto nos eidos da literatura infantil e xuvenil como no ensaio ou a literatura de ficción para adultos.
Así, a nosa editorial publicará en breve a obra de Carlos G. Reigosa, 'A lei das ánimas', un libro onde o escritor e xornalista revisita o mito da Santa Compaña. No campo do ensaio e a investigación, verá a luz 'Cartas dos vellos amigos', un volume no que se recompilan as cartas ao longo de moitos anos de Xosé Neira Vilas e 'Un longo e tortuoso camiño' de X.R. Quintana, premio Ramón Piñeiro 2008.
Para os máis novos, a nosa editorial prepara o lanzamento, entre outros textos, dos novos libros de Xesús Manuel Marcos ('O Esconxurador') e Alicia Borrás ('O mar é noso'), na colección Costa Oeste para un público xuvenil. En Árbore, verán a luz obras de Manuel Darriba ('Brais e os demais'), Concha Blanco ('Os poderes máxicos de Aitema') e de Rivadulla Corcón ('Eu amei unha serea').
Serán as primeiras páxinas dun 2010 que ven cheo de literatura.

Comparte nas túas redes sociais ou por email