A Editorial Galaxia publica “Notas sobre a extinción”, de Marta Dacosta
Este poemario nace da capacidade de asombrarnos e descubrimos a fermosura das pequenas cousas. Marta Dacosta ofrece en “Notas sobre a extinción” a opción de comprobar que a poesía é quen de borrar os límites do tempo e o espazo. Arquitecta da palabra, a autora crea un universo do máis persoal e sensorial ao que […]
Chega ás librarías “Anacos da vida”, de Víctor Rivas
A Editorial Galaxia publica a nova obra de Víctor Rivas, onde o autor expresa o seu profundo agarimo e respecto cara á xente do rural. “Anacos da vida” é un libro que, en palabras do autor, comezou a cociñarse hai oito anos, cando volveu a vivir no Cancelo, a casa que constuíu o seu bisavó […]
Pasamento de Xerardo González Martín
Con gran pesar recibimos a noticia do pasamento do escritor e xornalista Xerardo González Martín, hoxe, en Vigo. Home comprometido coa cultura, foi redactor xefe de Radio Popular e director de El Correo Gallego, Antena 3 e Televigo. Implicado coa realidade do país, participou en política na etapa da transición, desenvolvendo o posto […]
Galaxia estará dende hoxe na Feira do Libro de Ponteareas
Raquel Castro, Xosé A. Perozo, Nee Barros Fernández e Rexina Vega, son os autores que estarán asinando os seus últimos lanzamentos. Chega o verán e con el as agardadas feiras dos libros, espazos nos descubrir e compartir novas lecturas; é o caso da Feira de Ponteareas, que se celebrará entre o día 15 e o […]
Vanesa Santiago
Vanesa Santiago defínese, por esta orde, como curiosa, lectora e escritora. Esta semana a súa novela A vida sinxela de Marcelo Firmamento, coa que gañou o Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35, estará nas librerías de toda Galicia. Vanesa Santiago é tamén bibliotecaria, blogueira e secretaria da Asociación Irmáns Suárez Picallo, de Sada. Está titulada […]
Falece Bibiano Morón, unha figura clave da música galega
Hoxe espertamos coa triste nova do falecemento de Bibiano Morón, músico e compositor galego que conta no seu haber con case unha decena de discos. Figura de Voces Ceibes na última etapa, participou tamén na Movida e ultimamente acompañaba a Amancio Prada. Unha vida ligada á música dende os anos 60 que hoxe se foi, […]
Iria Collazo sobre A soidade das medusas no Zigzag
Iria Collazo conversa con Marta Gómez no Zigzag da Televisión de Galicia e presenta así A soidade das medusas, un libro de relatos curtos que converxen en moitos puntos. Todas as historias están conectadas entre si e as vidas dos personaxes mudan polo contacto cos demais, como na vida real. Na entrevista destacan o tratamento […]
Nunca Mascotas, versos que non deixan indiferente
“As avelaíñas téñenlle un medo terrrible á escuridade, por iso prefiren morrer na procura dunha luz que escorrente as súas pantasmas.” No blog do escritor e crítico Antonio García Teijeiro recóllese hoxe unha crítica sobre o poemario de Paula Carballeira, Nunca Mascotas, feita por Alba Piñeiro. “Versos directos, cargados de ritmo e musicalidade e adubados con […]