Vanesa Santiago

Categoría: Destacado

Vanesa Santiago defínese, por esta orde, como curiosa, lectora e escritora. Esta semana a súa novela A vida sinxela de Marcelo Firmamento, coa que gañou o Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35, estará nas librerías de toda Galicia. Vanesa Santiago é tamén bibliotecaria, blogueira e secretaria da Asociación Irmáns Suárez Picallo, de Sada. Está titulada en Biblioteconomía e Documentación, estudos e traballo que a levaron a vivir en Ferrol e Lugo.
Actualmente reside de novo na bisbarra da Coruña e compaxina o emprego esporádico en bibliotecas co activismo cultural e a escrita. Publicou varios relatos e poemas en libros colectivos e revistas. Ninguén lembra (Urco, 2013) foi a súa primeira novela, agora con A vida sinxela de Marcelo Firmamento dá un paso máis na súa prometedora carreira literaria.

Comparte nas túas redes sociais ou por email