Daniel Asorey e a súa ucronía dunha realidade subalterna e silenciada
Daniel Asorey responde nunha entrevista en Praza Pública ás preguntas da xornalista Montse Dopico despois da súa lectura atenta. Nordeste obtivo o Premio Narrativa Breve Repsol 2016 cunha historia sobre un estado independente xurdido despois da revolta irmandiña. “Unha ucronía que imaxina un pasado distinto a unha realidade “subalterna e silenciada” como a galega. Mais […]
Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc na Coruña e Santiago
Pablo Díaz ten un novo proxecto Tic Tac Toc, once novas composicións para que non paremos de desfrutar. Estes días de concertos podedes cantar e bailar nos concertos da Coruña de mañá e no de Santiago de Compostela. Hoxe no blog Ábrete de orellas aparecía esta crítica: “De novo non o fai de calquera xeito, senón […]
Víctor Freixanes: “Galaxia é un patrimonio nacional”
Con esta frase titulan en El Progreso a entrevista que esta fin de semana lle fixeron a Víctor Freixanes, ata a semana pasada e durante quince anos director xeral da Editorial Galaxia. “eu adiquei 30 anos da miña vida profesional a dirixir empresas editoriais, primeiro Xerais, onde entrei en 1987, e despois Galaxia, dende 2002. […]
Felices Festas e Felices Lecturas!
Dende a Editorial Galaxia desexámosvos unhas moi felices festas e un Nadal cheo de alegría, de agarimo e de libros!! Grazas inmensas por acompañarnos nas lecturas e por formar parte desta galaxia que non tería sentido sen vós. Bo Nadal!!
A candidata e De camiños, viaxeiros e camiñantes entre o mellor de 2016
É tempo de Nadal, de facer un pequeno repaso do que foi o ano que está a piques de deixarnos e tamén no literario cómpre escolmar aqueles títulos que deixaron pouso en nós ao longo destes doce meses. Dende Biosbardia recoméndase unha ducia de obras que o xornalista e crítico César Lorenzo Gil considera que merecen ocupar […]
Xavier Senín presenta O alfaiate portugués en Antas de Ulla
Mañá venres, na véspera de Noiteboa, Xavier Senín presentará en Antas de Ulla o seu novo libro ás 19.30h, O alfaiate portugués. Son un conxunto de relatos curtos, noventa, que contan unha realidade próxima, afincada nas paisaxes, anécdotas e tipos humanos da cultura tradicional. Un universo popular que alenta na memoria e na xeografía dos […]
Literatura infantil para crecer e soñar este Nadal
Estes días celebramos a saída de catro novos libros na Colección Árbore, co desexo de facer que os pequenos e as pequenas desfruten lendo. Para este tempo de inverno unha folerpa de poesía cae sobre nós con Versos para conversar, poesía para ler e entender o mundo, poesía para saber como se nomean as cousas. Tamén para […]
Francisco Castro novo director da Editorial Galaxia
O Consello de Administración de Editorial Galaxia S.A. acordou nomear por unanimidade a Francisco Castro Veloso novo director xeral da editora. Sucede neste posto a Víctor Fernández Freixanes, quen continuará na empresa como conselleiro, director da revista GRIAL (compartida con Henrique Monteagudo) e presidente da Fundación Otero Pedrayo. Víctor Fernández Freixanes (Pontevedra, 1951) accedeu á […]