Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc na Coruña e Santiago

Categoría: Nova

Pablo Díaz ten un novo proxecto Tic Tac Toc, once novas composicións para que non paremos de desfrutar. Estes días de concertos podedes cantar e bailar nos concertos da Coruña de mañá e no de Santiago de Compostela.
Hoxe no blog Ábrete de orellas aparecía esta crítica:
“De novo non o fai de calquera xeito, senón que segue a presentalas acompañado de músicos cuxo traballo coñecemos doutros proxectos coma Olga Kirk, Diego Barral, Antón Díaz, Carlos Freire … E ademais suma colaboracións puntuais dos irmáns Tinaquero, o irmá do noso protagonista Xabier Díaz ou Tito Calviño. O bo son está asegurado.
A familia bailará ritmos populares diversos (pop, ska-reggae, rocanrol, samba, country …) e cantará ao San Xoán, viaxar, a nosa lingua, o acordeón de “O tío Ramón”, a sermos cowboys, o pintor Antón, as personaxes de contos populares, as botas de auga, o día da paz … E todo presentado nun libro coas ilustracións tan bonitas de Almudena Aparicio.
“Tic Tac Toc” é outra mostra de que temos unha fonte inesgotábel de talento para cantarmos no noso idioma desde a nenez e apreciar valores da vida. E o que me parece ben importante: que @s adult@s se implicarán coas crianzas sen se sentir incómod@s. Todo o contrario.
Un éxito familiar inmediato que edita Galaxia a través da súa colección Sonárbore”.
Non deixedes de desfrutar este Nadal con Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc.

Comparte nas túas redes sociais ou por email