Pablo Díaz é un músico ben coñecido e referencial dentro da música infantil en galego
Coma nos seus traballos anteriores este novo proxecto aúna ritmos e sentires de moitas latitutdes do mundo. Pablo díaz dá un paso máis alá na procura de melodías engaiolantes, máis aínda, ca nunca.

Pablo Díaz, acompañado dos seus músicos, leva moitos anos presentando as súas propostas musicais por toda Galicia, e alí onde vai, enche os auditorios. Algunhas das súas cancións son xa himnos para moita rapazada que descubre que os animais falan, que as estrelas cantan, e que todo, todo, está cheo de música e felicidade.