Falece Bibiano Morón, unha figura clave da música galega

Categoría: Nova

Hoxe espertamos coa triste nova do falecemento de Bibiano Morón, músico e compositor galego que conta no seu haber con case unha decena de discos. Figura de Voces Ceibes na última etapa, participou tamén na Movida e ultimamente acompañaba a Amancio Prada. Unha vida ligada á música dende os anos 60 que hoxe se foi, pero que nos deixa a súa voz para seguir cantando na nosa lingua.
En Galaxia publicamos De Voces Ceibes a Milladoiro, da man de Antón Seoane, e no CD que acompaña o libro participa Bibiano xunto a Nando Casal, X. Quintas Canella, Dónal Lunny, Harry C, Roi Casal, Manú Conde, Pancho álvarez, Anxo Pintos,Segundo Grandío, Laura Amado, Quico de Cariño, Natalia Zoltan e outros compañeiros de viaxe e aventuras, cos que volveu gravar, dándolles nova vida, cancións emblemáticas do período 1973-1978.
Só queda a música e o seu recordo!

Comparte nas túas redes sociais ou por email