Iria Collazo sobre A soidade das medusas no Zigzag

Categoría: Nova

Iria Collazo conversa con Marta Gómez no Zigzag da Televisión de Galicia e presenta así A soidade das medusas, un libro de relatos curtos que converxen en moitos puntos. Todas as historias están conectadas entre si e as vidas dos personaxes mudan polo contacto cos demais, como na vida real.
Na entrevista destacan o tratamento da infancia como unha época chea de incertidumes, de problemas, lonxe da mirada máis habitual de paraíso perdido, de terreo de felicidade absoluta. E detéñense no relato “Toc” que simboliza ben ese sentimento, pois a protagonista padece un Trastorno Obsesivo Compulsivo, unha enfermidade que Iria Collazo confesa que padeceu, e que quere reflectir nesa historia para dignificar as persoas que padecen algún problema persoal. E teñen moita forza as personaxes femininas.
Iria Collazo tamén transmite nestes relatos que non dependemos tanto do destino como das nosas decisións.
Podedes ver a entrevista aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email