Iria Collazo sobre A soidade das medusas no Zigzag

Iria Collazo conversa con Marta Gómez no Zigzag da Televisión de Galicia e presenta así A soidade das medusas, un libro de relatos curtos que converxen en moitos puntos. Todas as historias están conectadas entre si e as vidas dos personaxes mudan polo contacto cos demais, como na vida real. Na entrevista destacan o tratamento […]

Nunca Mascotas, versos que non deixan indiferente

“As avelaíñas téñenlle un medo terrrible á escuridade, por iso prefiren morrer na procura dunha luz que escorrente as súas pantasmas.” No blog do escritor e crítico Antonio García Teijeiro recóllese hoxe unha crítica sobre o poemario de Paula Carballeira, Nunca Mascotas, feita por Alba Piñeiro. “Versos directos, cargados de ritmo e musicalidade e adubados con […]

Daniel Asorey e a súa ucronía dunha realidade subalterna e silenciada

Daniel Asorey responde nunha entrevista en Praza Pública ás preguntas da xornalista Montse Dopico despois da súa lectura atenta. Nordeste obtivo o Premio Narrativa Breve Repsol 2016 cunha historia sobre un estado independente xurdido despois da revolta irmandiña. “Unha ucronía que imaxina un pasado distinto a unha realidade “subalterna e silenciada” como a galega. Mais […]