Nunca Mascotas, versos que non deixan indiferente

Categoría: Nova

“As avelaíñas téñenlle un medo terrrible á escuridade,
por iso prefiren morrer na procura dunha luz
que escorrente as súas pantasmas.”
No blog do escritor e crítico Antonio García Teijeiro recóllese hoxe unha crítica sobre o poemario de Paula Carballeira, Nunca Mascotas, feita por Alba Piñeiro.
“Versos directos, cargados de ritmo e musicalidade e adubados con certa dose de humor irónico, que non deixan indiferente o lector, que buscan a súa complicidade e ábrenlle cancelas no camiño do coñecemento persoal. Intelixente proposta editorial da editorial Galaxia para todo aquel que é quen de emocionarse coa palabra poética e sobre todo, para os mozos que están nunha etapa vital onde abundan as preguntas pero non as respostas dentro do complexo mundo dos sentimentos”.
Pódese ler completa aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email