Chega ás librarías “Anacos da vida”, de Víctor Rivas

Categoría: Destacado, Nova

A Editorial Galaxia publica a nova obra de Víctor Rivas, onde o autor expresa o seu profundo agarimo e respecto cara á xente do rural.

Anacos da vida” é un libro que, en palabras do autor, comezou a cociñarse hai oito anos, cando volveu a vivir no Cancelo, a casa que constuíu o seu bisavó en Trabazo, Cotobade.

“Coa limpeza da casa e do predio empezaron a agromar os recordos da infancia e da xuventude, de tantos momentos vividos que afondaron no meu corazón e fixeron de min quen son agora”, afima o autor no limiar do libro. Unha declaración de intencións á que engade: “vivindo no Cancelo acotío, decateime do moito que sinto Galiza e de que levo estes sentimentos ben arraigados no meu ADN.”

Un sentir que transmite á perfección nesta obra na que, a través de 40 ilustracións estructuradas en cinco capítulo, amosa o seu amor pola terra e polas xentes que a forman cun senso do humor do máis retranqueiro. Ofrece viñetas do máis variadas nas seccións “Mulleres”, “Homes”, “Xentes”, “Lendas” e “Amores”, ao máis puro estilo “Castelao”.

Víctor Rivas é quen de compartir con todas e todos nós un cosmos galego e universal completo.  A través destas páxinas as lectoras poderán experimentar, desfrutando dunha mirada única, as vidas e a cultura que nos rodea.

“Se hai algo na Galiza

que non se pode tocar,

son os marcos das leiras

ben chantados no lugar.”

Rivas é un mago do debuxo que, mesturando pasado e presente, presenta unha visión única do noso sentir popular. Unha aposta orixinalísima que se completa con pequenos textos, a modo de cantigas populares. 

Unha síntese do que somos todas e todos como pobo, dende o máis profundo das nosas raíces. Un libro singularísimo e distinto que destaca polo seu estilo marcado e claro. Unha homenaxe á nosa terra galega.

Víctor Rivas (Pontevedra, 1965) Ilustrador, comunicador visual e autor. Tras un comenzo profesional coma deseñador gráfico e autor de BD, na década dos 90 comeza facer traballos de ilustración de libro de texto para varias editoriais galegas. Despóis de dar o chimpo  ao mercado nacional e algún encargo para o extranxeiro xa ilustrando novela infantil no ano 2008 acada representantes para todo o mundo a través dunha axencia de Nova York. Desde este ano e ata a actualidade compaxina traballos de ilustración e BD para editoriais tanto galegas, españolas einternacionais principalmente no ámbito da LIX. Anacos da Vida é o seu primer libro como ilustrador e escritor, tamén un dos primeiros para público adulto.

Comparte nas túas redes sociais ou por email