María Xesús Blanco

É unha ledicia ver nos andeis dás librerías Acordes Náufragos, a obra literaria recén saída do prelo do escritor Antón Riveiro Coello. A publicación recolle nove relatos significativos na traxectoria literaria do autor e escritos en diferentes épocas, como el mesmo nos conta na Nota do autor. Algúns deles foron premiados en certames tan prestixiosos […]

Anna Raven

Non fai moito tempo que me aprenderon que non se poden limpar moedas antigas porque perden parte do seu valor. Nunca reparara neste detalle pero, ben pensando, ten moito sentido. ¿E logo non é mil veces mellor atopar un doblón de ouro lixado polos restos dun naufráxio séculos atrás ca recibir unha réplica noviña e […]

Gracia Santorum

Todos os anos enfrontámonos a un novo reto: sabermos máis do autor homenaxeado o Día das Letras Galegas. Para isto podemos optar por varios camiños: lermos todo canto sexa posible do autor en cuestión e tirar as nosas propias conclusións. Evidentemente, esta sería a mellor vía aínda que é a máis complicada e a que […]

Alfonso Becerra de Becerreá

MÁQUINA HAMLET E OUTRAS PEZAS de HEINER MÜLLER (Galaxia, 2013) é un libro fundamental porque recolle obras da segunda metade do século XX que supuxeron un cambio radical na concepción do teatro. Heiner Müller é un dos grandes reformadores da dramaturxia universal: a súa concepción plástica e visual a partir da acción verbal, a estética […]

César Lorenzo Gil

A narrativa curta de Ánxel Fole engarza nunha mesma técnica os praceres especulares da lectura e da escrita. Que gusto ler os seus contos na cama, achegando o edredón ao nariz para escorrentar o frío e o medo. Escribir como o fai Fole é o que busca calquera con inquedanzas literarias, cando ensaia sobre o […]

Xosé Antonio López Silva

Foi unha das cobizosas lecturas de finais de 2012, dende o momento en que souben que María López Sández obtivera o Premio de Narrativa Breve Repsol pola súa primeira novela, A forma das nubes (Vigo, Galaxia, 2012). A traxectoria da autora como ensaísta dera como froito o seu espléndido libro Paisaxe e nación. A creación […]

Fina Casalderrey

Hai moitos libros galegos que pagan a pena… Pero no momento en que escribo, malia estarmos no mes de xullo, chove en Lérez, e paréceme unha boa ocasión para comezar a ler, sen présa —para ir bebéndoo pouco a pouco, como beben os paxaros—, Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes. Gústame a maneira na […]

Marilar Aleixandre

Prender nas silvas, prender nos libros Dise en Toba que cómpre ter coidado coas espiñas das silveiras. Se te picas nunha silva, tira a espiña de contado, doutro modo nadará polo sangue como unha anguía e pode chegar a espetarse no corazón. Porén eu gusto das espiñas que chegan fondo. E os libros que máis […]