Sabela Núñez Singala

Versos en flor é unha colección de poemas fermosamente ilustrados, oito textos en verso que rebordan palabras bonitas, verbas máxicas que enraízan nos sentimentos de quen as le prendendo de tal maneira que de seguida agroman centos de flores que enchen de arrecendos e cor a lectura. Son poemas que nos levan a situacións tan […]
Ledicia Costas

A princesiña que conducía unha locomotora é unha novela divertida e entrañable. Pero, sobre todo, é unha novela con carácter. Marusela, o personaxe principal desta historia, é moi especial. As nenas ás que educan para ser princesas rara vez teñen outra aspiración na vida máis ca esa. Como moito, a de chegar a raíña. Pero […]
Mercedes Queixas Zas

ILUSTRÍSIMA, PRIMEIRA MEMORIA DE CARLOS CASARES Non sempre resulta doado chegarmos ao quilómetro cero que garde a resposta ás nosas preguntas. Por veces a memoria biográfica (e a lectora tamén) insiste en termar viva nos fíos da vaguidade. E entón os nosos pálpitos perviven no presente nun estado de semiconsciencia apenas explicábel desde a emoción […]
Ángeles Abelleira Bardanca

Atendendo á miña faceta profesional, pídenme que reseñe algunha obra infantil de Carlos Casares. É cousa doada, podería falar dalgunhas obras que escribiu dirixidas a nenos e nenas. Nunha lectura actual, diría que en todas elas hai unha visión respectuosa e integradora da diferenza, do que non é igual ca todo o demais; algo que […]
Luisa Martínez Lorenzo

Eu non tiña moi claro que me gustase a ciencia ficción. Lera algo no instituto pero confeso que era un xénero que tiña algo esquecido. Collín a novela de Eduardo Santiago con ganas por varias razóns, entre elas, a miña implicación na organización do concurso de relatos de inspiración científica INSPIRACIENCIA. Eu que leo antes […]
Xesús Constela

Carta aberta a Antón Riveiro Coello Poio, 24 de xaneiro de 2012 Meu benquerido Antón: Agora que rematei a túa novela Laura no deserto, a miña primeira lectura deste ano que comeza, quixera agradecerche os bos momentos que me fixeches vivir con ela, o cal dalgún xeito equivale a dicir que quero darche as grazas […]
Chus Nogueira
Sempre é para min unha boa nova saber da publicación dun libro de relatos, e a miúdo tento, alí onde me poidan ler ou escoitar, afastar algunhas das sospeitas que tantas veces asombran estes volumes: a de seren unha compilación de "retallos" escritos aquí e acolá, a de seren "ensaios de narrativas maiores" e, en […]