Luisa Martínez Lorenzo

Categoría: Recensión

Eu non tiña moi claro que me gustase a ciencia ficción. Lera algo no instituto pero confeso que era un xénero que tiña algo esquecido. Collín a novela de Eduardo Santiago con ganas por varias razóns, entre elas, a miña implicación na organización do concurso de relatos de inspiración científica INSPIRACIENCIA.

Eu que leo antes de durmir, teño que botarlle moitas ganas á lectura para que non me venza o soño. Necesito libros que me enganchen desde o primeiro momento e que me fagan sentir a necesidade de ler antes que a de durmir. Que consigan que estire o brazo e finalmente colla o libro da mesilla no canto de taparme e pechar os ollos.

Non tiven que facer grandes esforzos con 2044. Enganchoume desde a primeira páxina. Gustoume sentir como podería ser a nosa vida cotiá nun mundo dominado pola tecnoloxía, con detalles enxeñosos e sorprendentes. O almorzo, a escola, o deseño das cidades, o xeito de traballar e vivir da xente. No relato hai intriga… acertijos… adolescentes… matemáticas… moita tecnoloxía… mulleres que viven con e para a ciencia… realidade virtual… momentos de tensión!… " como sairán desta sen que sexa algo pouco creible?!"

En definitiva disfrutei moito con esta novela, recoméndovos que a leades e oxalá o futuro sexa moi parecido ao que describe Eduardo Santiago en 2044.

Comparte nas túas redes sociais ou por email