Galaxia publicará en outono a biografía de Berrogüetto e un disco en directo

Editorial Galaxia editará despois do verán o libro 'Berrogüetto: O pulso da terra', primeira biografía sobre Berrogüetto escrita polo xornalista e crítico musical Fernando Neira. Berrogüetto é, sen dúbida, un dos grupos musicais máis relevante que deu a música de raíz tradicional galega durante as dúas últimas décadas. O volume, que coincide co Ano da […]

O final da saga Harry Potter chega hoxe aos cines galegos

Aínda que a estrea da última entrega da saga Harry Potter está prevista para mañá, son moitas as salas de cine galegas que programaron para hoxe unha maratón co visionado das outras películas da serie, o que permitirá aos moitísimos seguidores que o neno-mago ten no noso país, quencer os motores para a tan esperada […]

Contoplanet, premio ENTRE EMPRENDEDORES

Aínda hai unha semana que estabamos a informar da concesión do prestixioso premio LAUS ao proxecto desenvolvido por Milrayas, Perro Verde Films e a Editorial Galaxia, de contos interactivos para iPad e iPhone cando nos chega a nova de que vén de ser recoñecido co Premio ENTRE EMPRENDEDORES, galardón organizado por INICIADOR e MOVISTAR. Este […]

Alusión

Teñen sido moitos os libros que, dende que existen os blogs, teñen nacido desa cibernética experiencia. 'Alusión', de Arturo Casas, é un bo exemplo desta tendencia. Concretamente, o libro naceu do seu blog 'Lándoas', activo durante os anos 2008 e 2009, unha bitácora que dende os seus posts pretendeu contribuír a instaurar unha crítica da […]

Bacallau electoral

No libro 'Cociñando ao pé da letra' o experto en asuntos gastronómicos, Xavier Castro, atreveuse cun prato de bacallau que deixamos aquí. As postas de bacallau foron quen de remediar moitas fames en Galicia. Poderíamos dicir que se o rodaballo, pola súa exquisitez, foi considerado como o faisán do mar, o bacallo, pola súa abundancia […]

Presentación do proxecto LONXA DE LETRAS en Compostela

A Rede Galega de Kioskos presenta o proxecto editorial "Lonxa de Letras" que mañá comeza oficialmente a súa andaina. No proxecto, que leva a literatura galega a unha cantidade importante de kioscos do país, participan tamén as editoriais Xerais e Galaxia. Sen dúbida, unha boa nova que celebra un proxecto longamente desexado, e que pode […]

Moussaka

Para 'Cociñando ao pé da letra' a poeta Chus Pato preparounos un prato que titulou 'Moussaka' É o diálogo entre unha nai e unha filla, pero só transcribimos o parlamento da nai, daquela é un monólogo. " (…) non, non me gusta cociñar, cociño porque te tiven a ti, desde que ti naciches, anda non […]

Homenaxe a Díaz Castro nas terras de Irixo

Arredor de trescentas persoas xuntáronse na Ínsua dos Poetas (Irixo) para conmemorar a primeira edición do poemario "Nimbos" de Xosé María Díaz Castro, hai agora cincuenta anos. O anfitrión foi o poeta Luís González Tosar, que hai tres anos cedeu para uso público varias hectáreas de piñeiral e carballeira da súa familia. O escultor Xosé […]