Presentación do proxecto LONXA DE LETRAS en Compostela

Categoría: Nova

A Rede Galega de Kioskos presenta o proxecto editorial "Lonxa de Letras" que mañá comeza oficialmente a súa andaina. No proxecto, que leva a literatura galega a unha cantidade importante de kioscos do país, participan tamén as editoriais Xerais e Galaxia.
Sen dúbida, unha boa nova que celebra un proxecto longamente desexado, e que pode servir para achegar as letras nosas un chisco máis ao público lector.
A súa web, aínda en fase de probas é www.lonxadasletras.com

Comparte nas túas redes sociais ou por email