O final da saga Harry Potter chega hoxe aos cines galegos

Categoría: Nova

Aínda que a estrea da última entrega da saga Harry Potter está prevista para mañá, son moitas as salas de cine galegas que programaron para hoxe unha maratón co visionado das outras películas da serie, o que permitirá aos moitísimos seguidores que o neno-mago ten no noso país, quencer os motores para a tan esperada xornada de mañá.
Na nosa editorial temos publicados todos os libros que a inglesa J.K. Rowling escribu arredor deste personaxe, fenómeno global e lido en todo o mundo.
A chegada, despois dunha década de aventuras, da derradeira fita pode ser un máis que bo motivo para nos achegar de novo aos libros porque, moito antes que película, Harry, Ron, Hermione, Lord Voldemort, Dumbledore, Severus Snape, Draco Malfoy, Ginny e Sirius Black, entre outros, foron primeiro de todo personaxes de papel.

Comparte nas túas redes sociais ou por email