Contoplanet, premio ENTRE EMPRENDEDORES

Categoría: Nova

Aínda hai unha semana que estabamos a informar da concesión do prestixioso premio LAUS ao proxecto desenvolvido por Milrayas, Perro Verde Films e a Editorial Galaxia, de contos interactivos para iPad e iPhone cando nos chega a nova de que vén de ser recoñecido co Premio ENTRE EMPRENDEDORES, galardón organizado por INICIADOR e MOVISTAR.
Este novo galardón vén sumarse aos recoñecementos que supuxeron os dous premios EGANET a primeiros de ano ou o feito de que quedasen finalistas na categoría de Mellor Produto Interactivo na última edición dos premio Mestre Mateo.
Estamos certos de que non vai ser o derradeiro galardón que reciba un proxecto que pon a literatura galega infantil e xuvenil no vieiro dos novos xeitos de lectura dixital deste século XXI que está a cambialo todo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email