Alusión

Categoría: Nova

Teñen sido moitos os libros que, dende que existen os blogs, teñen nacido desa cibernética experiencia. 'Alusión', de Arturo Casas, é un bo exemplo desta tendencia. Concretamente, o libro naceu do seu blog 'Lándoas', activo durante os anos 2008 e 2009, unha bitácora que dende os seus posts pretendeu contribuír a instaurar unha crítica da destrución política a través da análise dos discursos hexemónicos e das camuflaxes do poder, con atención particular ao acontecido en Galicia.
Agora e en forma de libro podemos asistir á lectura demorada dunha sexta parte desas anotacións, quizais as máis suxestivas, para enfrontarnos á necesaria análise do discurso vixente no poder, xa non só político senón tamén mediático ou educativo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email