Ana Carreira

Cando lin por primeira vez A noite dos animais, Agustín Fernández Paz levoume pola man á infancia. Lembroume a non premeditada decisión infantil de soñar. Do mesmo xeito que Raquel, a protagonista do libro, debuxa toda unha fauna de desexos nun libro máxico, eu miraba nubes que materializaban viaxes ou pechaba os ollos e a […]
Ánxeles Abelleira

Os gregos chamaban pedagogo á persoa que acompañaba os nenos á escola, á persoa que os conducía ata o lugar onde tiñan que adquirir os coñecementos; polo tanto, educar é algo así como ‘facer camiño con’. Antía Cal, moi acertadamente, deu en titular a recolleita dalgunhas das súas vivencias como Este camiño que fixemos xuntos, […]
Antón Riveiro Coello

Viaxes no scriptorium, a última novela do norteamericano Paul Auster é fundamentalmente unha claustrofóbica alegoría do proceso creador do escritor. O protagonista Sr. Blank, é un ser desmemoriado que aparece nun cuarto, baixo a vixilancia de cámara e micrófono. Sobre o escritorio están pousadas algunhas fotografías e unha mada de folios. Algúns obxectos teñen unhas […]
Pilar Casas Gil

A obra de Paul Auster, Brooklyn Follies, permite ao lector aproximarse a un mundo, a unha cidade –Nova York- da que en numerosas ocasións oimos falar ou ver, unha cidade cosmopolita na que viven millóns de persoas; sen embargo, Auster consegue adentrarnos a un pequeno barrio, o de Brooklyn, e ao seu transcorrir diario, a […]
Manuel Gago

A medición do mundo, de Daniel Kehlmann: ególatras en paralelo A medición do mundo, de Daniel Kehlmann é unha novela para quedar atrapado nela e non saír. Toda ela enfíase a partir dun fito histórico da historia da cultura alemana: o encontro en 1828, en Berlín, de Alexander Von Humboldt e Carl Friedich Gauss, posíbelmente […]
Francisco Castro

Confeso que ao primeiro fiquei moi sorprendido ao ter noticia, pola propia autora, da publicación dun libro para primeirísimos lectores. Díxome Yolanda cando lle preguntei de que ía: "é a historia dun verme punki moi curriño". Non puiden evitar preguntarme: ¿que fai a que vive nas erofonías escribindo para pequechos?, ¿que camiños quere agora transitar […]
Ramón Nicolás

Son moitos os méritos que, ao meu xuízo, se poderían subliñar de Spam, mais tampouco é a miña intención desvelar ou destripar todo o que a novela presenta para aqueles lectores que aínda non tiveron a ocasión de lela. Con todo, non podo deixar pasar a ocasión de subliñar que Spam é, isto está na […]
Miguel Vila Pernas

O sabor da terra (Encontro cos cogomelos) é o último libro publicado pola escritora, poeta e presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar Janeiro. Publicado pola Editorial Galaxia na súa colección Guías Galaxia, O sabor da terra é un libro delicioso que reúne a sensibilidade da autora cun demostrado coñecemento do tema. Literatura e […]