Luís Gonçales Blasco, "Foz"

Con esta obra Luís Paradelo sómase á xa ampla nómina de escritores que literaturizaron a cidade de Ourense, desde Álvarez de Nóvoa (Pé das Burgas) até Manuel Guede (Contra Serenou) pasando por Otero, Risco, Casares e, moi especialmente, Blanco Amor; o Ourense de Luís Paradelo lembra bastante o do autor d’A Esmorga; a maior diferenza […]

Xosé María Palmeiro

"Os que transiten Os dominios de Caín. Estética e liberdade na literatura, quero imaxinar e imaxino, son seres vencidos pola esperanza", escribe o autor nun destes ensaios, nos que aposta forte pola literatura e a palabra, pola arte e a vida. Xosé Carlos Caneiro, creador significado, recoñecido e tamén galardoado, proponnos unha viaxe polos universos […]

Marcos Pérez Pena

A miña recomendación é o recente ensaio O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo, de Rebeca Baceiredo. Unha obra necesaria, fonda, de referencia, que mira ao mundo dende Galicia, e escrita por unha autora nova, moi nova, da miña xeración. Pero como o ensaio non alimenta o espírito, teño que recomendar tamén unha […]

Óscar Pereiro

A miña bici e máis eu A miña dedicación ao ciclismo é consecuencia dos amigos que tiña de pequeno. Eu andaba cun grupo de rapaces que practicaba o ciclismo e, claro, conseguiron liarme. Así que cando fixen a Primeira Comuñón pedín de agasallo unha bici. E aquí estou. Quero dicir que o que un é […]

Takekazu Asaka

Gramática da lingua galega por Rosario Álvarez Blanco e Xosé Xove. A Editorial Galaxia publicou tres libros de gramática galega ata este momento. O primeiro é de "Gramática elemental del gallego comun" por Ricardo Carballo Calero (1966). O segundo é de "Gramática galega" por R. Alvarez, H. Monteagudo e X.L. Regueira (1986). O último é […]

Manuel Pereira Valcárcel

Vredaman de Unai Elorriaga chegou a min en forma de regalo amigable, que é un dos mellores xeitos en que poden arribar onda nós os libros. Levado da recomendación que supón todo agasallo, encetei a súa lectura e quedei prendido nela dende a frase inicial, "As plantas, por exemplo, non beben café con leite", desde […]

Manuel Pérez Rúa

Historia de Galicia de Ramón Villares Como a memoria de cada un de nós, a historia sempre se le de adiante a atrás: buscamos xustificacións e lexitimidades no noso pasado persoal ou colectivo, un discurso de volta á infancia, á tradición, ao coñecido, como se houbese unha época dourada e recuperable. Ao fío dos acontecementos […]

Alejandro Tobar Salazar

A bisneta lercha Acaba de se publicar na editorial Galaxia, dentro da colección Literaria, o novo libro de Paco Martín, A bisneta lercha, catro relatos, que, bebendo das fontes do conto clásico, aporta unha mirada fresca e anovadora que de seguro ha atrapar ao lector desde o comezo. Para este fin ten recurrido o autor […]