A miña recomendación é o recente ensaio O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo, de Rebeca Baceiredo. Unha obra necesaria, fonda, de referencia, que mira ao mundo dende Galicia, e escrita por unha autora nova, moi nova, da miña xeración. Pero como o ensaio non alimenta o espírito, teño que recomendar tamén unha novela; por exemplo, Orixe, de Sechu Sende.