Xosé María Palmeiro

Categoría: Recensión

"Os que transiten Os dominios de Caín. Estética e liberdade na literatura, quero imaxinar e imaxino, son seres vencidos pola esperanza", escribe o autor nun destes ensaios, nos que aposta forte pola literatura e a palabra, pola arte e a vida.

Xosé Carlos Caneiro, creador significado, recoñecido e tamén galardoado, proponnos unha viaxe polos universos literarios das súas querencias, que veñen ser tamén fitos necesarios para os amantes da literatura. Desde o seu territorio, o da "literatura a contracorrente", glosa, comenta e advirte contra a "ditadura do simplismo" e o "trémulo correccionismo" e non deixa de lado as consideracións sobre a literatura galega, na que ten presenza protagónica.

Hai nestas páxinas talento e compromiso, bagaxe cultural e determinación, sensibilidade e convicción. O resultado é unha apaixonada e brillante reflexión, desde o outro lado do espello, por parte dun escritor que, felizmente para él e para nós, encontrou na Literatura o seu Destino. E na esperanza, pese a todo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email