Anxos Sumai

A nosa historia Charli Gómez ó principio só é un oco, un perfil, un personaxe que asoma detrás da fotografía que hai anos, na época de estudante, tirou dun vello mendigo nas rúas de Compostela. Aí comeza Esta historia: unha foto no escaparate dunha librería, e quen a ve non pode evitar preguntarse que sería […]
Santiago Jaureguizar

A novela negra sempre foi un xénero marxinal na nosa literatura, mesmo semella que ela mesma procurou o malditismo. Mesmo houbo escritores xeralistas que a practicaron dando por supostos uns éxitos de vendas que nunca chegaron. Carlos Reigosa vendeu 35.000 exemplares de Crime en Compostela, mais nunca repetiu o logro; Edicións Xerais chegou a ter […]
Bieito Iglesias

As enormes minucias. Por Bieito Iglesias. Bieito Iglesias recomenda as columnas publicadas por Galaxia baixo o título de Á marxe recompiladas en dous tomos (os correspondentes a 1992 e 1993). O lector atopará semellanzas cunqueirianas, censura da corrupción política, parangóns entre a cotra carpetovetónica e as socialdemocracias escandinavas, picadelas aos impostores da arte contemporánea ou […]
Xaime Nogueira

As rulas de Bakunin, de Antón Riveiro Coello. Hai libros que contan con moitas virtudes; neste, Riveiro Coello fainos a crónica dun tempo nas voces do seu protagonista. Unha novela que ademais de dinámica e entretida afonda nos espazos da narración histórica ao presentarnos o decorrer dun tempo: o pasado século vinte neste país. Onde […]
Xosé Carlos Caneiro

Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro. A novela. A metáfora. A vida Ela estaba lonxe de todo. Todo estaba ao seu carón. Trátase de escribir dun volume primordial da nosa, tan querida, Galaxia: este Babel, borgeano, do Noroeste. Non ten por que ser a mellor novela escrita en galego, nin o texto perfecto que algúns […]
Santi Montes

A Mennulara de Simonetta Agnello. Un libro que fascina desde a primeira páxina. Unha sorte de apaixonante "Cidadán Kane" cheo de intrigas sicilianas cunha protagonista que engaiola. Un anzol engánchanos nas primeiras liñas e turra de nós ata o final levándonos por un mar de pecados capitais, intriga, amor e supervivencia na reconstrución coral da […]
Francisco Castro

Territorio da desaparición de Fernán Vello. Unha invitación á resistencia. O territorio é o da desaparición, que pode con todo e é o todo. Pero este libro de Miguel Anxo Fernán Vello, sobre todo é o da aparición. Se a poesía ten que mostrar, máis que dicir, nesta obra o autor de Cospeito mostra, e […]
Marga Romero

Diario de comidas de Xabier Rodríguez Baixeras. Diario de Comidas é un libro que convida ao gozo. Ao gozo da leitura, cunha escrita áxil, chea de humor, unha escrita de palabras ben buscadas e axeitadas, oficio do escritor que nos sorprende, el o poeta que coñecemos e admiramos, agora como narrador. Convida ao gozo dunha […]