A obra de Paul Auster, Brooklyn Follies, permite ao lector aproximarse a un mundo, a unha cidade –Nova York- da que en numerosas ocasións oimos falar ou ver, unha cidade cosmopolita na que viven millóns de persoas; sen embargo, Auster consegue adentrarnos a un pequeno barrio, o de Brooklyn, e ao seu transcorrir diario, a través dun ano na vida de Nathan, un home de 60 anos que, tras padecer un cancro de pulmón, trasládase á esta parte da cidade neoiorkina co propósito de pasar alí o tempo que lle quede.
A medida que se avanza na lectura do libro, descóbrese como o transcurrir do tempo e a relación de Nathan con outras persoas, entre elas o seu sobriño e a sobriña déste, unha pequena nena de nove anos, provocarán nel un cambio na súa concepción sobre a vida e a morte; unha alegría por vivir que transformará o seu pensamento inicial dun home pesimista que se retiraba a Brooklyn co único propósito de vivir en soidade e morrer, por unha visión positiva da vida que aprenderá no seu quefacer diario neste lugar que se converterá no seu refuxio particular.
Unha obra na que o azar e o valor da amizade -tan frecuentes na producción de Auster- están presentes, e na que ademais o autor logra reflexar a situación política que vive a cidade de Nova York xusto antes dos atentados do 2001.
En definitiva, Brooklyn Follies, é un libro co que o lector poderá adentrarse nunha historia baseada nas relacións humanas, de personaxes sinxelos que logran transmitir a esperanza no ser humano.