Ramón Caride

Tras a publicación da súa poesía completa en Xerais, Darío Xohán Cabana, como todos os grandes poetas demostra que a última palabra está sempre por dicir, e que a útima palabra é a mellor dita. E faino coa entrega do seu libro máis íntimo e conmovedor, máis sentido e máis seu, feito dende a soidade […]

José María Paz Gago

María das Batallas é a gran novela histórica da Coruña. Sobre a cidade galega existen excelentes novelas, escritas en español, como La Tribuna, de Emilia Pardo Bazán, ou La Cruz de San Andrés, do noso Premio Nobel Camilo José Cela, mais este libro de Alfredo Conde constitúe un espléndido e extraordinario relato en galego arredor […]

Miguel Anxo Fernández

A vida interior de Martin Frost Moi boa noticia da achega ao lector galego do guión do novo filme de Paul Auster, a súa primeira experiencia cinematográfica europea desde Portugal, sobre todo tratándose do autor de Smoke e Lulú on the Brigde, dous dos filmes indie máis interesantes do cine norteamericano. Igualmente boa nova é […]

Gustavo Adolfo Garrido

Para ILSa – escribe Inma no limiar – Nova York son fresas en novembro. Son tamén un xelado de mandarina, – añado eu- lambetado de vagar ao borde dun peirao, nun solpor de verán, ou as luvas pegadas a un café negro ardente no Nadal. Nova York é moitas cousas, como Inma experimentou e tan […]

Xabier Cordal

O título é longo. Comece parando nas palabras: derradeiras, conversas, capitán, Capitán Kraft. O título corta, é oclusivo, velar, xordo. O título di a verdade. A aposta pola ausencia de suavidade, a expulsión do lirismo tal e como este se estendera durante a fase balneario dunha poesía que xa rematou, a tensión exacta e vehemente […]

Samuel Solleiro

Un sistema literario periférico como é o galego, nunha etapa de progresiva autonomización respeito do sistema español como a que vive, ten que outorgar un papel fulcral ás traducións, como desde hai pouco máis dun ano comezamos a notar. Madia leva, a aínda recente publicación de Molloy e Trópico de cáncer a mans de Galaxia […]

Xosé Carlos Caneiro

Hai algúns meses escribín na miña columna do Culturas en La Voz de Galicia, un ditirambo en torno a esta novela que quero recomendar de novo con vehemencia: "Volver a Corto Maltés é un regreso ao tempo perdido. Un parece vinte anos máis novo, máis xuvenil, máis Salgari e máis Defoe. Máis Stevenson, talvez. Galaxia […]

María do Cebreiro

Agradézolle inmensamente a Manuel Outeiriño que escriba neste lugar e neste tempo. Vexo ese feito como un don inmerecido, como todas as cousas que non agardamos e nos melloran. Pois na verdade non somos merecentes das palabras felices, habendo tanta perda, e aí están. Depósito de espantos, Letras vencidas e este É erguen o dedo […]