Paco Martín e Bieito Iglesias premiados en Fervenzas Literarias

Os internautas da web Fervenzas Literarias ( http://www.fervenzasliterarias.com ), una web de referencia para quen queira entender o día a día do noso sistema literario, organizou entre os seus internautas lectores unha enquisa para que participasen na votación para escoller o mellor do ano 2009. Dous libros editados por Galaxia fixéronse con dous dos máis […]

200 anos de Edgar Allan Poe

Edgar Allan Poe é un dos escritores máis influíntes da historia da literatura. A súa importancia chegou a autores coma Baudelaire, ao mundo do cine, a música e a arte. A pesar de só vivir 40 anos, a inmensidade da súa obra convírteo nun autor imprescindible para entender a historia da literatura universal. A editorial […]

Presentado o programa de Obradoiros "Nós tamén escritoras"

Nun salón ateigado de público e de representantes dos medios de comunicación, e no que participaron Carme Adán, secretaria xeral de Igualdade, Víctor F. Fernández, director xeral de Galaxia, Marta Arribas, concelleira de Igualdade do concello de Ourense, e o coordinador de Novos Proxectos de Galaxia e docente responsable dos obradoiros, Francisco Castro, presentouse o […]

Finou Manoel Riveiro Loureiro

Manoel Riveiro Loureiro mereceu algúns dos premios máis distinguidos da nosa literatura, como o Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro, que recibiu en varias ocasións, ou o premio de novela curta Manuel Lueiro Rei cunha das súas obras máis celebradas, Xullo-Agosto, no ano 2005. Riveiro Loureiro foi un home de vida intensa, comezando a […]

A exposición "A ollada do desexo" en Vigo

Rosendo Covelo, director do Verbum, e Carlos Lema, comisario da exposición, foron os encargados da presentación da exposición, que foi seguida por unha visita guiada a todos os presentes a cargo do comisario. Eduardo Blanco Amor é un dos autores máis importantes da literatura galega do século XX. A súa obra literaria abrangue todos os […]

VIII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

Nace este premio en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o xénero de ensaio, e acóllese ao espírito que inspirou a traxectoria intelectual da persoa á que se honra, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o […]

Galaxia publica a nova novela de Pamuk, O MUSEO DA INOCENCIA

A Biblioteca Compostela, colección publicada coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago e que xa ten entre os seus títulos O castelo branco, a primeira novela do escritor turco, e Istambul, o libro de lembranzas no que percorre a súa cidade natal, acollerá entre as novidades para 2009 esta esperada novela de […]

ESTÚRDIGA MATERIA, LIBRO GALEGO DO ANO 2008

Este galardón ten unha importancia singular na medida en que son os propios lectores, a través das súas votacións na rede, os que outorgan o premio. O libro de Tosar, así, foi o máis votado e deste xeito confirma o éxito que, a nivel de crítica especializada e de lectores, está a colleitar a súa […]