Fallo do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro 2008

A xuntanza do xurado realizouse hoxe, día 22 de decembro, ás 11 horas, no Centro Ramón Piñeiro, en Santiago de Compostela. O ensaio premiado nesta oitava edición do Premio Ramón Piñeiro, que está dotado con 6.000 euros e ha ser publicado por Editorial Galaxia o próximo ano, aborda o tema de da evolución, entre o […]
"Fin de século en Palestina" libro do ano

Recolleu o premio en nome de Miguel Anxo Murado, que non puido estar esa noite en Vigo, o director literario de Galaxia, Carlos Lema, quen ademais de agradecer en nome do autor o premio, sinalou que a un editor como Anxel Casal (o premio ao mellor libro do ano é o Premio Anxel Casal) gustaríalle […]
Miguel Barros lee a primeira tese sobre Ramón Piñeiro en Compostela

Presidiu o tribunal o profesor Ramón Villares, coa participación dos profesores Miguel Caminal, da Universidade de Barcelona, Arximiro Rojo, da Universidade de Vigo, Luis García Soto e Xosé Luis Barreiro Rivas, estes últimos da Universidade de Santiago. Rodeado de numerosos amigos, estudosos e interesados na obra de Ramón Piñeiro. O profesor Miguel Barros presentou o […]
Un blog para o século XXI

Este blog, en realidade, é un completo xornal electrónico que, ademais de ofrecer as anotacións que irán dando conta do día a día da editorial, será tamén unha fonte de información, opinións, debate e interacción. Nace ao mesmo tempo que se renova o noso portal, agora máis interactivo e con máis servizos. O blog da […]
Fina Casalderrey fala do amor e da literatura

Primeiro de todo, un tópico: ¿que significa para ti ser este ano a autora homenaxeada no Salón do Libro? Se por tópico entendemos o que resulta evidente e coñecido, sinto que a miña resposta tamén vai ser tópica: non quero pararme a reflexionar se son merecente ou non desta fermosa honra -iso daríame vertixe e […]
Caeu o pinsapo

O pai de Ramón Otero Pedrayo plantou un pinsapo (non exactamente unha araucaria, como sempre se dixo) o mesmo día do nacemento do fillo, en 1888. Durante anos, árbore e neno medraron xuntos, ata que en 1972 outro furacán abateu a vella árbore, que daba sombra á casa dende o xardín. "O meu irmanciño", gustaba […]
QUINCE EDICIÓNS PARA "QUE ME QUERES, AMOR?"

Que me queres, amor? é todo un fito na historia da literatura galega e, sen dúbida, un dos seus libros máis importantes. Merecedor do Premio Torrente Ballester no ano 95, e do Nacional de Narrativa ao ano seguinte, este libro de relatos de Manuel Rivas converteuse nun fito literario desde o momento do seu lanzamento. […]
Homenaxe a Xan Bouzada

O reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, refiriuse onte a Xan Bouzada como "un dos catedráticos máis brillantes da Universidade de Vigo, un referente institucional e unha voz respectada que lle fai falta a unha Universidade tan nova como a nosa", na homenaxe in memóriam celebrada onte na Facultade de Ciencias Sociais e da […]