"Fin de século en Palestina" libro do ano

Categoría: Nova

Recolleu o premio en nome de Miguel Anxo Murado, que non puido estar esa noite en Vigo, o director literario de Galaxia, Carlos Lema, quen ademais de agradecer en nome do autor o premio, sinalou que a un editor como Anxel Casal (o premio ao mellor libro do ano é o Premio Anxel Casal) gustaríalle moito un libro como o de Murado, centrado no conflito palestino e que, dalgunha maneira, retrata ademais da traxedia dunha situación terrible, os anceios humanos pola liberdade.

"Fin de século en Palestina" está a ser acollido unanimemente por lectores e crítica como unha das mellores obras dos derradeiros anos. Agora, con este premio dos editores, confírmase aínda máis esa sensación. Este novo éxito de Miguel Anxo Murado súmase aos moitos premios recollidos o ano pasado pola súa obra "O soño da febre"

Comparte nas túas redes sociais ou por email