Edgar Allan Poe é un dos escritores máis influíntes da historia da literatura. A súa importancia chegou a autores coma Baudelaire, ao mundo do cine, a música e a arte. A pesar de só vivir 40 anos, a inmensidade da súa obra convírteo nun autor imprescindible para entender a historia da literatura universal.
A editorial Galaxia iniciará durante este ano 2009 a publicación de toda a súa narrativa completa na colección Clásicos Universais. Trátase da edición de toda a narrativa, tanto breve coma longa, editada en orde cronolóxica segundo a edición canónica feita por The Library of America, en tradución de Eva Almazán. Ademais do Poe máis coñecido ("Os crimes da Rúa Morgue",…) serán publicados tamén os "Contos grotescos", que prefiguran algúns aspectos do humor absurdo xa contidos en Kafka ou Ionesco, e obras de narrativa longa como "A narración de Arthur Gordon Pym" ou "O moi pouco coñecido diario de Julius Rodman" no que se relata a epoea dos exploradores norteamericanos ao Oeste.
A nosa editorial homenaxeará, así, ao creador do xénero literario do terror moderno.