Paco Martín e Bieito Iglesias premiados en Fervenzas Literarias

Categoría: Nova

Os internautas da web Fervenzas Literarias ( http://www.fervenzasliterarias.com ), una web de referencia para quen queira entender o día a día do noso sistema literario, organizou entre os seus internautas lectores unha enquisa para que participasen na votación para escoller o mellor do ano 2009.

Dous libros editados por Galaxia fixéronse con dous dos máis interesantes galardóns. Por unha banda, o libro de Paco Martín, Das novas cousas de Ramón Lamote, foi considerado polos participantes na votación, Mellor libro infantil do ano. Pola súa banda, os internautas recoñeceron a portada de Pan e Coitelo como a Mellor Portada Adultos do Ano.

Unha boa nova para encetar o ano literario. Desde aquí, o noso agradecemento aos que votaron estes dous libros editatos por Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email