razons

18,70€

mercar

As razóns do galego. Apelo á cidadanía

Henrique Monteagudo

A sociedade galega atópase perante un dilema crítico para o porvir: o abandono ou a promoción do seu idioma propio.

Neste volume recóllense escritos e artigos arredor da situación actual do idioma galego e dos debates sociais sobre a lingua e as súas expectativas de futuro. Ao carácter divulgativo e reflexivo dos ensaios, engádese o ton deliberativo e polémico dos artigos, publicados na edición de Galicia do xornal El País. En definitiva, formúlase un apelo á conciencia civil, nun intre crítico para o futuro da lingua galega.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 230
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm
  • Data Publicación : 2009-10-23
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-227-7
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Un mes co galego a debate2010-02-04 13:13:35
AS RAZÓNS DO GALEGO2010-03-26 19:05:34


Actividades relacionadas

AS RAZÓNS DO GALEGO2009-10-29 20:00:00
AS RAZÓNS DO GALEGO2009-12-16 20:00:00

Novidades

senlleirasSenlleirasAntía Yáñez Rodríguez
palabra-de-bruxaPalabra de bruxaAndrea Barreira Freije

henrique

Monteagudo, Henrique
(Muros, 1959). Doutor en Filoloxía Galega e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Dende o ano 2010 é membro numerario da Real Academia Galega. Membro do Instituto da Lingua Galega, actualmente é codirector da revista Grial e secretario do Consello da Cultura Galega. O seu traballo desenvólvese principalmente nos eidos da filoloxía medieval, a edición de textos literarios (Rosalía de Castro, Otero Pedrayo, Castelao) e os estudos sociolinguísticos e de historia do idioma galego. É autor da Historia social da lingua galega e coautor dunha Gramática galega e dun Diccionario normativo galego-castelán.
É secretario da RAG dende Abril de 2013


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR