Esta sábado 1 de maio, ás 19.00 h, na Feira do Libro de Santiago de Compostela, terá lugar un debate esencial para reflexionar arredor da situación, a nivel social, da nosa lingua.
Celebraremos unha mesa redonda que contará coa participación de Francisco Castro, coordinador de novos proxectos de Galaxia, Alexandre Vázquez Lorenzo, presidente da Mocidade pola Normalización Lingüística, Manuel Núñez Singala, autor de En galego, por que non?, e Henrique Monteagudo, autor de As razóns do galego.
Todo o mundo está convidado a participar e a aportar as súas razóns para aclararmos se de verdade é sostible o argumento da 'imposición do galego' en Galicia.