Un chapeu negro e un nariz de pallasoMontse Pena PresasGonzalo Enríquez VelosoTras os pasos de Roberto Vidal Bolaño É un libro-DVD con dúas realidades e un único obxectivo. A primeira realidade está na pantalla, da man do interesante documental de Gonzalo Veloso; onde a familia, os amigos, os compañeiros de profesión e as investigadoras miran baixo o chapeu negro para relatar quen era en realidade Roberto Vidal Bolaño, amosando unha singular visión que, sen dúbida, axudará a comprender mellor a súa obra. A segunda realidade está no libro, no texto escrito por Montse Pena Presas, que tenta desvelar que hai detrás do nariz de pallaso, achegando dun xeito lúdico e rigoroso as caractarísticas principais da produción do dramaturgo, sen esquecer o director de escena. Imaxe e palabra fúndense para conseguir que calquera lectora, calquer espectador, remate o DVD e peche o volume pensando, unicamente, en mergullarse nas pezas dramáticas de Roberto Vidal Bolaño. Dende o patio de butacas ou a través dun libro. Porque o teatro achega, tamén, esas dúas máxicas posibilidades. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasUn chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño2013-04-19 10:49:16 Presentación de 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño' en Santiago2013-05-01 16:02:14 Xa podes ver o adianto do documental 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso'2013-04-24 21:40:01 Presentación de UN CHAPEU NEGRO E UN NARIZ DE PALLASO. TRAS OS PASOS DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO en Arteixo2013-05-22 19:36:22 Once anos sen Roberto Vidal Bolaño2013-09-12 09:21:54
Obras do autor en catálogoActividades relacionadasPresentación de 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño' en Ferrol2013-04-19 20:00:00 Presentación de 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño' en Santiago2013-05-01 20:00:00 Presentación de UN CHAPEU NEGRO E UN NARIZ DE PALLASO. TRAS OS PASOS DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO en Arteixo2013-05-14 17:30:00
Novidades
| |||||||||
|